Formación en competencias transversais para doutorandos e postdoc de primeira etapa.

//Formación en competencias transversais para doutorandos e postdoc de primeira etapa.

Formación en competencias transversais para doutorandos e postdoc de primeira etapa.

Como parte dos eventos programados dentro da Alianza EMERGE, invitamos a toda a comunidade da UDC ao BIP: A guideline for an impactful research career, xornadas de formación que terán lugar o xoves 11 de setembro (en liña) e do 15 ao 19 de setembro de maneira presencial na Facultade de Economía e Empresa (Campus de Elviña).
O obxecto destas xornadas é a formación en competencias transversais para doutorandos e postdoc de primeira etapa. De asistencia gratuíta, serán impartidas totalmente en inglés e contarán coa presenza duns 60 PhDs das nove universidades da Alianza EMERGE (https://euemerge.eu/). Podes consultar o programa e as condicións nesta ligazón, que tamén adxuntamos.
 
O número de prazas dispoñibles para a UDC é de 8 e ábrese un prazo ata o 30 xuño para solicitar a participación a través do correo ori1@udc.es.
Ademáis da formación en contidos moi relevantes para a carreira investigadora, este BIP (Blended Intensive Programme) permitirá entrar en contacto coas actividades do programa EMERGE e cos mozos investigadores que nel participarán, chegados de toda as universidades da alianza.
Para calquera aclaración sobre a inscrición, non dubides en poñerte en contacto con Carolina Núñez en ori1@udc.es.
2025-05-27T12:48:41+00:00 May 27th, 2025|Cellular and Molecular Biology|