Este ano a International Summer School (ISS) da UDC terá lugar entre o 17 e o 28 de Xullo.
Na ISS poderedes atopar máis de 30 cursos en diferentes materias, impartidos na UDC por profesorado de distintas Universidades extranxeiras.
Os cursos ofertados este ano os podedes atopar en https://www.udc.es/es/iss/cursos-2023/
Moitos destes cursos poden ser de interese para o voso estudantado, que recibirá 4,5 ECTS pola participación en calqueira dos cursos ofertados.
O custo da matrícula é de 50 € se realizan a súa solicitude antes do 22 de maio, e de 100 € se a realizan con posterioridade.
Resulta unha oportunidade excepcional de traballo en ámbito internacional e de acceso a cursos específicos impartidos nun curto periodo de tempo.
Toda a información da UDC International Summer School atópase en https://www.udc.es/es/iss/ .
Agradecemos a difusión desta información entre o voso alumnado.
Para calqueira dúbida podedes contactar con iss@udc.es