Resolución reitoral pola que se establece un prazo extraordinario de admisión e matrícula nos programas de doutoramento nos que quedaren prazas vacantes para as persoas que estean interesadas en participar na convocatoria das axudas de apoio á etapa predoutoral da Xunta-2021.
Para poderen participar neste prazo extraordinario ademais de cumprir cos requisitos de acceso ao programa, deberán cumprir tamén cos requisitos que se esixen na citada convocatoria para ter dereito ás axudas.
As solicitudes de admisión xunto coa documentación requirida para o acceso deberán presentala nas UADIS, que introducirán os datos da admisión en xescampus. Non se poderá realizar a través da SVE, nin a solicitude de admisión nin a solicitude de matrícula .
Está previsto a publicación desta resolución no TEO maña xoves 4 de febreiro.