Prezados/as compañeiros/as
Agardando que vos atopedes ben, dende a Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Empregabilidade anunciamos a próxima celebración do terceiro e último módulo (III) do Plan de Mellora da Empregabilidade (PMEC) da UDC. Este módulo está centrado en experiencias e casos prácticos de inserción laboral, dividindo a sesión en dúas partes: a primeira estará focalizada no papel dos Recursos Humanos na inserción laboral (como son os procesos de selección, portais de emprego, técnicas para afrontar entrevistas, novidades nestes eidos, etc.) e a segunda exporá casos reais de emprendemento de egresados/as da UDC.
Se ben o público obxectivo é o estudantado, facemos extensiva a inscripción a toda a comunidade universitaria interesada.
A xornada desenvolverase en liña o día 09 de xuño pola mañá cunha duración total de 4 horas. O estudantado que xa participase nos módulos I e II poderá, cunha porcentaxe obrigatoria de asistencia, sumar as horas precisas para obter 1 ECTS.
Pregaríamos que difundísedes a xornada entre a vosa comunidade, especialmente entre o estudantado. Nos arquivos adxuntos podedes atopar o programa da xornada, onde xa podedes acceder á ligazón de inscrición, e as biografías dos/as relatores/as, persoas expertas en Recursos Humanos e egresados/as da UDC que optaron polo camiño emprendedor.
No programa anexo podedes pinchar na ligazón ao formulario de inscrición, o cal estará aberto ata as 23.59 do día 07 de xuño, e que tamén se atopa aquí:
https://forms.office.com/r/T4L2xXBLBK
Grazas de antemán pola vosa colaboración.
Recibide un cordial saúdo