Cátedra Jean Monnet de Economía Industrial Europea

//Cátedra Jean Monnet de Economía Industrial Europea

Cátedra Jean Monnet de Economía Industrial Europea

Dende a Cátedra Jean Monnet de Economía Industrial Europea estreamos este ano un novo módulo de formación dual en emprendemento innovador (Curso de Experto en Innoemprendemento) e nestes momentos comunicamos a oferta de últimas prazas e bolsas extraordinarias para membros da comunidade universitaria. Podes solicitar información en https://masterinnovacionyestrategia.com/contacto/.

 

O módulo de formación consta de dúas partes:

1) Lean Startup (ata o 18/12/2021), onde os participantes adquirirán competencias clave para aplicar a metodoloxía Lean Startup á formulación de propostas de valor e modelos de negocio con futuro.
2) Welcome Tomorrow Challenge (do 28/01/2022 ao 26/02/2022), un programa de resolución de retos e problemas empresariais reais presentados polas empresas socias do curso, onde traballarán con metodoloxías de design thinking e creatividade para construír solucións innovadoras (busca, selección, prototipado e validación -probas-). O programa contará coa participación de Kelea, empresa especializada en innovación, e expertos do Centro de Investigación TIC (CITIC).

 

O módulo impartirase na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade da Coruña, nun horario compatible co traballo (venres pola tarde e sábado pola mañá).

O módulo ten prazas limitadas, un máximo de 24 alumnos, pero está especialmente enfocado a innovadores activos que enriquecen moito a experiencia e o debate. Se estás interesado nesta formación contacta connosco, quedan as últimas prazas dispoñibles

 

Formulario de información:  https://masterinnovacionyestrategia.com/contacto/

 

 

Para mási información, contactar coa catedra.jmonnet@udc.es  o a master.innovacionyestraegia@udc.es

 

2021-12-14T09:56:08+00:00 December 14th, 2021|Cellular and Molecular Biology|