Este foro desenvólvese dende hai varios anos e supón un punto de encontro entre o estudantado e os axentes do mercado laboral. O obxectivo é facilitar a transición ao mercado laboral do noso alumnado e tamén das persoas egresadas de todos os estudos da UDC mediante o desenvolvemento de diferentes accións que melloren as competencias, destrezas e habilidades que a contorna demanda. Ademáis, levarase a cabo unha feira de emprego.
O foro contén dúas partes:
- Os días 24 e 25 de outubro levaranse a cabo na Facultade de Economía e Empresa charlas, mesas redondas e obradoiros relacionados coa empregabilidade. Como exemplos, contaremos con relatores que nos falarán sobre como traballar en Europa, obradoiros con dinámicas de procesos de selección ou experiencias de inserción laboral que nos relatarán egresados e egresadas da UDC.
- O día 26 de outubro celebrarase unha Feira de Emprego no Pavillón de Deportes do Campus de Elviña. Coa fin de achegar o mundo profesional ao académico contaremos con máis de corenta entidades, entre as que se atopan Acciona, AXA, BBVA, Deloitte, El Pulpo, Gadisa, Garrigues, Hijos de Rivera, Minsait (INDRA), Navantia, NH Hoteles, NTT DATA ou PWC. Haberá ademáis actividades paralelas ofrecidas por varias empresas (presentacións corporativas, acceso a ofertas de emprego e prácticas, etc.). Por último, contaremos tamén cun sorteo de agasallos facilitados polas entidades participantes.
https://www.udc.es/gl/emprego/formacion/obradoiros/