Un ano máis, desde a Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Empregabilidade queremos informar da nova edición dunha das iniciativas levadas a cabo desde a área de Emprego: o PROGRAMA DE MELLORA DA EMPREGABILIDADE NOS CENTROS (PMEC). O obxectivo final desta iniciativa é acadar que o noso estudantado, así como as persoas egresadas da nosa universidade, posúan os coñecementos imprescindibles de cara a favorecer a súa inserción laboral.
Este programa está integrado por tres módulos que comezan a finais de ano e rematan arredor do mes de xuño:
1. Seminario de emprendemento (3h duración).
2. Seminario de orientación laboral (3h duración).
3. Experiencias e casos prácticos de inserción laboral (4h duración).
Os módulos 1 e 2 se ofertan a todos os centros da UDC (realizándose naqueles que así o soliciten), mentres que o terceiro se realiza de forma centralizada dende a Unidade de Emprego para todos os centros nunha única data. De forma importante, os/as estudantes que asistan aos tres módulos poden solicitar un crédito ECTS (cumprindo a porcentaxe mínima de asistencia). Nestes momentos xa foi enviada por parte de Unidade de Emprego a solicitude de seminarios para o Módulo 1.
Consideramos que este Programa constitúe unha excelente oportunidade para o estudantado da UDC, pois poderán mellorar as súas competencias, habilidades e destrezas de cara á integración no mercado laboral. Ademáis, este curso o estudantado que acuda aos cursos presenciais recibirá un obsequio nos módulos 1 e 2 (unha bolsa nun deles e unha camiseta no outro), por se estimas oportuno difundilo entre o estudantado.
Para máis información, acude a: https://www.udc.es/gl/emprego/formacion/obradoiros/
Se tes calquera dúbida, en emprego.vepem@udc.es ou adxunta.vepem@udc.gal faremos o posible por solventala.