Programa Oficial de Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Ambiental

/Programa Oficial de Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Ambiental
Programa Oficial de Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Ambiental 2021-07-09T09:21:13+00:00

Programa Oficial de Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Ambiental

Programa Oficial de Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Ambiental

O programa

O programa oficial de Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Ambiental capacita @s estudantes de doutoramento para que adquiran as habilidades necesarias para realizar investigación orixinal en áreas da ciencia e a tecnoloxía ambiental, a través do coñecemento e dominio de ferramentas e tecnoloxías orientadas o medio ambiente.

Noso valor diferencial na Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña

Por que estudiar neste programa?

A humanidade enfróntase a desafíos inmensos e urxentes: o cambio climático e o quecemento global, o dano ambiental, a perda de biodiversidade, o crecemento da poboación e niveis de vida máis altos, as demandas de enerxía, a perda de hábitat e a pobreza.

Podemos comezar a abordalos solo si entendemos como funciona o mundo. O desenvolvemento científico e tecnolóxico son compoñentes cruciais de nosa resposta a estes problemas urxentes e, como resultado, a demanda de científicos ambientais cualificados para avaliar as condicións cambiantes e crear solucións ecolóxicas positivas ten aumentado enormemente.

Debido á expansión das industrias verdes, existe unha gran demanda para traballar neste sector, o Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Ambiental brinda una gran variedade de saídas profesionais.

Noticias e notas sobre este programa de doutoramento

VER TÓDALAS NOTICIAS SOBRE ESTE PROGRAMA DE DOUTORAMENTO

Tecnoloxías / Técnicas usadas

Para unha descrición dea tecnoloxía ofertada por cada grupo de investigación por favor vaia á correspondente páxina Web (os enlaces están na sección que segue a esta) así como á páxina Web tanto do CICA como dos SAI.

  • Estudos de impacto ambiental e elaboración de mapas de riscos ambientais.
  • Mapas xeomorfolóxicos e de riscos do terreo
  • Modelado hidráulico (experimental e numérico) en enxeñaría civil
  • Produción en masa de microalgas
  • Tecnoloxías de tratamento de augas naturais e residuais
  • Nutrición e produción de cultivos auxiliares en acuicultura
  • Determinación de radon
  • Reciclaxe de residuos sólidos
  • Absorción atómica
  • Técnicas cromatográficas: gas e líquido.
  • FESEM (incluíndo EDS), SEM, TEM e AFM
  • Adsorción de gases
  • ICP-MS
  • Datación por luminescencia
  • Técnicas espectroscópicas: UV-Vis, IR, CD/ORD, fluorescencia e fosforescencia, contaxe de fotóns individuais, gamma
  • Métodos de análise térmico (ATG, DTG, DSC)
  • Difracción de raios X

Acceso os grupos de investigación

@s doutores/as que participan neste programa oficial de doutoramento pertencen a algún dos seguintes grupos de investigación:

Applied Analytical Chemistry

> See more

Environmental Chemical Engineering

> See more

Environmental Radioactivity

> See more

Chemical Reactivity and Photoreactivity Group

> See more

Global Public Law

> See more

Cultural and Geological Heritage Interdisciplinary Group

> See more

Metals in Environment and Medicine

> See more

Mistures

> See more

Water and Soil

> See more

microalgae

> See more

Water and Environmental Engineering

> See more

PRAZAS

15 prazas

Ofértanse cada curso académico

ADMISIÓN

A solicitude de admisión pode realizarse en

Agosto ou en Febreiro

ACCESO

PREZO PÚBLICO

Estudantes do área europea de educación superior

200,00 €/ ano

Estudantes de fora da devandita área

300,00 €/ ano

Tutela académica
+
Taxas administrativas

Advertencia: Soamente @s estudantes que cumpran cos criterios indicados no artigo 15 da normativa que regula os estudos de doutoramento da UDC poderán acceder os programas de doutoramento da Universidade da Coruña.

Carreira e oportunidades académicas

O doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Ambiental abre as portas a unha ampla gama de carreiras, tanto dentro como fora do laboratorio (esta non é unha lista exhaustiva):

Na industria

  • Xestión da investigación e o desenvolvemento (I + D + i) no ámbito da ciencia e tecnoloxía medioambiental
  • Fabricación
  • Control de calidade
  • Soporte técnico e científico e comunicación
  • Ventas e marketing

Na administración pública

  • Xestión do departamento de I + D + I no ámbito medioambiental e/ou sanitario
  • Control de calidade
  • Lei e política

Na academia

  • Investigación e desenvolvemento (I + D + i) no eido da ciencia e a tecnoloxía ambientais
  • Docencia universitaria en diferentes departamentos
  • Ensinanza secundaria

Emprendedores

  • Consultoría

En organizacións sen ánimo de lucro (ONG)

  • Xestión técnica en temas ambientais

Actividades formativas

O programa oficial de doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Ambiental inclúe algunhas actividades obrigatorias e opcionais que @ estudante de doutoramento debe realizar e rexistrar no Documento de Actividades.

Para o programa oficial de doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Ambiental están programadas as seguintes actividades formativas:

Asistencia a seminarios e/ou conferencias impartidas por experto@s nos diversos ámbitos abarcados por lo programa de doutoramento.

  • Artigo de investigación enviado a un xornal científico de alto impacto
  • Estancias de investigación en centros públicos ou privados nacionais e/ou internacionais
  • Presentacións orais ou murais en congresos nacionais ou internacionais
  • Impartición dun seminario sobre o proxecto de investigación
  • Participación na preparación de proxectos de investigación
  • Asistencia a cursos, talleres, seminarios, etc. para mellora-las competencias lingüísticas e as habilidades investigadoras e/ou técnicas relacionadas coa área temática.

Liñas de investigación

  • Aplicación de humedais construídos para tratamento de efluentes domésticos e industriais

  • Aproveitamento químico de biomasa vexetal

  • Cálculos de especiación química no ámbito da xeoquímica, oceanografía e augas naturais en xeral.

  • Calidade do solo

  • Caracterización e monitorización de contaminantes ambientais. Calidade do aire, augas, medio mariño. Seguridade alimentaria

  • Degradación de compostos de interese ambiental

  • Dereito ambiental

  • Educación Ambiental: aspectos químico-analíticos

  • Eliminación/Recuperación metais ecotóxicos en efluentes mediante combinación de técnicas electroquímicas e biolóxicas.

  • Elucidación de mecanismos de oxidación de compostos de interese ambiental

  • Enerxías renovables

  • Estudo da resposta a metais pesados en microalgas

  • Modelaxe de procesos de depuración de augas residuais

  • Radon nas vivendas en Galicia

  • Tecnoloxías biopelícula de depuración de augas residuais

  • Tecnoloxías de depuración de augas residuais en pequenos núcleos

  • Vixilancia radiolóxica ambiental