Programa Oficial de Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Ambiental
Programa Oficial de Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Ambiental
O programa
O programa oficial de Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Ambiental capacita @s estudantes de doutoramento para que adquiran as habilidades necesarias para realizar investigación orixinal en áreas da ciencia e a tecnoloxía ambiental, a través do coñecemento e dominio de ferramentas e tecnoloxías orientadas o medio ambiente.
Noso valor diferencial na Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña
Por que estudiar neste programa?
A humanidade enfróntase a desafíos inmensos e urxentes: o cambio climático e o quecemento global, o dano ambiental, a perda de biodiversidade, o crecemento da poboación e niveis de vida máis altos, as demandas de enerxía, a perda de hábitat e a pobreza.
Podemos comezar a abordalos solo si entendemos como funciona o mundo. O desenvolvemento científico e tecnolóxico son compoñentes cruciais de nosa resposta a estes problemas urxentes e, como resultado, a demanda de científicos ambientais cualificados para avaliar as condicións cambiantes e crear solucións ecolóxicas positivas ten aumentado enormemente.
Debido á expansión das industrias verdes, existe unha gran demanda para traballar neste sector, o Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Ambiental brinda una gran variedade de saídas profesionais.
Noticias e notas sobre este programa de doutoramento
Tecnoloxías / Técnicas usadas
Para unha descrición dea tecnoloxía ofertada por cada grupo de investigación por favor vaia á correspondente páxina Web (os enlaces están na sección que segue a esta) así como á páxina Web tanto do CICA como dos SAI.
- Estudos de impacto ambiental e elaboración de mapas de riscos ambientais.
- Mapas xeomorfolóxicos e de riscos do terreo
- Modelado hidráulico (experimental e numérico) en enxeñaría civil
- Produción en masa de microalgas
- Tecnoloxías de tratamento de augas naturais e residuais
- Nutrición e produción de cultivos auxiliares en acuicultura
- Determinación de radon
- Reciclaxe de residuos sólidos
- Absorción atómica
- Técnicas cromatográficas: gas e líquido.
- FESEM (incluíndo EDS), SEM, TEM e AFM
- Adsorción de gases
- ICP-MS
- Datación por luminescencia
- Técnicas espectroscópicas: UV-Vis, IR, CD/ORD, fluorescencia e fosforescencia, contaxe de fotóns individuais, gamma
- Métodos de análise térmico (ATG, DTG, DSC)
- Difracción de raios X
Acceso os grupos de investigación
@s doutores/as que participan neste programa oficial de doutoramento pertencen a algún dos seguintes grupos de investigación:
Applied Analytical Chemistry
Environmental Chemical Engineering
Environmental Radioactivity
Chemical Reactivity and Photoreactivity Group
Global Public Law
Cultural and Geological Heritage Interdisciplinary Group
Metals in Environment and Medicine
Mistures
Water and Soil
microalgae
Water and Environmental Engineering
PRAZAS
15 prazas
Ofértanse cada curso académico
PREZO PÚBLICO
Estudantes do área europea de educación superior
200,00 €/ ano
Estudantes de fora da devandita área
300,00 €/ ano
Tutela académica
+
Taxas administrativas
Carreira e oportunidades académicas
O doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Ambiental abre as portas a unha ampla gama de carreiras, tanto dentro como fora do laboratorio (esta non é unha lista exhaustiva):
Na industria
- Xestión da investigación e o desenvolvemento (I + D + i) no ámbito da ciencia e tecnoloxía medioambiental
- Fabricación
- Control de calidade
- Soporte técnico e científico e comunicación
- Ventas e marketing
Na administración pública
- Xestión do departamento de I + D + I no ámbito medioambiental e/ou sanitario
- Control de calidade
- Lei e política
Na academia
- Investigación e desenvolvemento (I + D + i) no eido da ciencia e a tecnoloxía ambientais
- Docencia universitaria en diferentes departamentos
- Ensinanza secundaria
Emprendedores
- Consultoría
En organizacións sen ánimo de lucro (ONG)
- Xestión técnica en temas ambientais
Actividades formativas
O programa oficial de doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Ambiental inclúe algunhas actividades obrigatorias e opcionais que @ estudante de doutoramento debe realizar e rexistrar no Documento de Actividades.
Para o programa oficial de doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Ambiental están programadas as seguintes actividades formativas:
Asistencia a seminarios e/ou conferencias impartidas por experto@s nos diversos ámbitos abarcados por lo programa de doutoramento.
- Artigo de investigación enviado a un xornal científico de alto impacto
- Estancias de investigación en centros públicos ou privados nacionais e/ou internacionais
- Presentacións orais ou murais en congresos nacionais ou internacionais
- Impartición dun seminario sobre o proxecto de investigación
- Participación na preparación de proxectos de investigación
- Asistencia a cursos, talleres, seminarios, etc. para mellora-las competencias lingüísticas e as habilidades investigadoras e/ou técnicas relacionadas coa área temática.
Liñas de investigación
-
Aplicación de humedais construídos para tratamento de efluentes domésticos e industriais
-
Aproveitamento químico de biomasa vexetal
-
Cálculos de especiación química no ámbito da xeoquímica, oceanografía e augas naturais en xeral.
-
Calidade do solo
-
Caracterización e monitorización de contaminantes ambientais. Calidade do aire, augas, medio mariño. Seguridade alimentaria
-
Degradación de compostos de interese ambiental
-
Dereito ambiental
-
Educación Ambiental: aspectos químico-analíticos
-
Eliminación/Recuperación metais ecotóxicos en efluentes mediante combinación de técnicas electroquímicas e biolóxicas.
-
Elucidación de mecanismos de oxidación de compostos de interese ambiental
-
Enerxías renovables
-
Estudo da resposta a metais pesados en microalgas
-
Modelaxe de procesos de depuración de augas residuais
-
Radon nas vivendas en Galicia
-
Tecnoloxías biopelícula de depuración de augas residuais
-
Tecnoloxías de depuración de augas residuais en pequenos núcleos
-
Vixilancia radiolóxica ambiental
Contacto e coordinador
Prof. Dr. J. Arturo Santaballa López
arturo.santaballa@udc.es
Facultade de Ciencias
Universidade da Coruña
Tel.: +34-881012195