International Summer School UDC

//International Summer School UDC

International Summer School UDC

Este ano a International Summer School (ISS) da UDC terá lugar entre o 17 e o 28 de Xullo. 

Na ISS poderedes atopar máis de 30 cursos en diferentes materias, impartidos na UDC por profesorado de distintas Universidades extranxeiras. 

Os cursos ofertados este ano os podedes atopar en https://www.udc.es/es/iss/cursos-2023/ 

Moitos destes cursos poden ser de interese para o voso estudantado, que recibirá 4,5 ECTS pola participación en calqueira dos cursos ofertados. 

custo da matrícula é de 50 € se realizan a súa solicitude antes do 22 de maio, e de 100 € se a realizan con posterioridade. 

Resulta unha oportunidade excepcional de traballo en ámbito internacional e de acceso a cursos específicos impartidos nun curto periodo de tempo. 

Toda a información da UDC International Summer School atópase en https://www.udc.es/es/iss/ . 

Agradecemos a difusión desta información entre o voso alumnado. 

Para calqueira dúbida podedes contactar con iss@udc.es 

2023-05-19T09:46:11+00:00 May 19th, 2023|Cellular and Molecular Biology|